Un Vals para Cincinnati
Ana leva pechada na súa habitación desde que se foi Jack hai 1 ano e 27 días. Deixouna pola guerra, e ela viuno marchar apoiada na xanela.
Con el ían os seus soños de escapar ao idílico Cincinnati e casar o día de entroido. Farta de agardar, Ana decide suicidarse xusto o día no que Jack volve.
Lume
A metade dos cabalos da vila de Neira aparecen mortos despois dunha noite con moita néboa. Ningúen sabe quen os matou, nin por que, pero hai demasiados cartos en xogo.
Lume é unha historia de violencia envolta en mitoloxía na que se reflexiona entre tradición e modernidade, e amor e soidade. Foi finalista do Premio Xuventude Crea 2020.
Contos para nenos modernos
É unha historia de princesas. Mulleres que queren converterse nas raíñas do Reino da Imaxinación. Un lugar construído baixo os soños de cada neno e nena.
A través desta comedia infantil queremos que os nenos e nenas poidan reflexionar sobre asuntos que nos afectan a todos e a todas, pequenos e maiores.
Pallasos Tristes
Un espectáculo de teatro entre a comedia e o drama nun mundo distópico no que desapareceu a risa do mundo. Foi dun día para outro, sen previo aviso.
Os protagonistas son dous pallasos, Trombón e Trompeta, que agora fan o que fan todos os pallasos, oficiar enterros. Tristes, nunca deixan de buscar a risa perdida.
Distintas Compañías
É unha historia de princesas. Mulleres que queren converterse nas raíñas do Reino da Imaxinación. Un lugar construído baixo os soños de cada neno e nena.
A través desta comedia infantil queremos que os nenos e nenas poidan reflexionar sobre asuntos que nos afectan a todos e a todas, pequenos e maiores.
Unha mentira fugaz
Espectáculo de microteatro con varias obras que non pasan dos 20 minutos. O seu nome vén da man dunha comedia romántica que protagoniza esta modalidade breve.
Un pai e unha filla recompoñen a súa relación ao paso dun cometa. Baixo a súa luz lembran o amor da súa vida e, maxicamente, non poden deixar de dicir a verdade.