Que define realmente un fogar: as paredes que o sosteñen ou as historias que agocha?
Un drama sobre os segredos dun fogar e o peso do pasado nunha aldea que se apaga.
Iago regresa a Robiós para recoller a roupa da súa avoa, agora ingresada nunha residencia. Pero o que parecía unha breve visita convértese nun reencontro cos recordos, co pasado da súa familia e cunha decisión que pode cambiar o seu futuro.
Mentres a súa parella, Lía, celebra unha gran oportunidade de traballo en Barcelona, Iago enfróntase á idea de abandonar para sempre a casa dos seus avós. A medida que a noite avanza, entre conversas triviais e revelacións inesperadas, descubrimos as pegadas dunha historia oculta: o amor prohibido, a violencia silenciada e os soños que quedaron en paus.