Coñécenos

Un grupo de xente nova que leva facendo teatro dende nenos e nenas


Somos un grupo de teatro con sede en nigrán e formado por doce integrantes, a gran maioría xente nova (menores de 26 anos). Apostamos por un teatro propio para trasladar da maneira máis pura a nosa forma de entender este arte e o mundo que nos rodea. Por iso, o creador e escritor das obras do grupo é o noso director, Pedro Rodríguez.

Dende que creamos o grupo hai 9 anos traballamos todos os xéneros teatrais, pero non nos quedamos só nos escenarios. Dende fai 3 anos facemos tamén teatro social con maiores e persoas con diversidade en residencias para levar esta arte a todo o mundo.

Formamos parte da Fegatea, e o noso traballo xa foi recoñecidos en varios certames de teatro.


A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close