Mes da Natureza de Nigrán

Arranca unha nova edición do Mes da Natureza de Nigrán con múltiples actividades gratuítas para gozar e aprender sobre o noso patrimonio natural.

A primeira actividade terá lugar o martes 4 de marzo ás 11:00 h, cunha Xincana de Entroido na horta urbana de A Ramallosa. Unha oportunidade perfecta para que os máis pequenos se divirtan en contacto coa natureza.

A Feira da Natureza celebrarase o 22 de marzo no Auditorio Municipal. Varios artistas e emprendedores poderán compartir o seu traballo coa veciñanza. Se queres participar, inscríbete aquí: https://forms.gle/UiUArkvnuA1ac3EY8

Tamén haberá dúas rutas teatralizadas:

Domingo 16 de marzo no parque forestal Os Matos – Río Táboas

Domingo 29 de marzo en As Medoñas (Priegue)

O domingo 16 tamén celebraremos a entrega de premios do concurso Ollo con Nigrán, mentres que o 30 de marzo pecharemos o mes coa representación teatral de “Catro pequenas historias destes tempos”.

Este proxecto é posible grazas ao esforzo de Cooperativa SomosTerra e ao Concello De Nigrán. Agardámoste para compartir xuntos este mes cheo de natureza e cultura!

search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close