Ao paso dun cometa as mentiras desaparecen do mundo
Unha comedia romántica que mestura varias pezas de microteatro
Espectáculo de microteatro con varias obras que non pasan dos 20 minutos. O seu nome vén da man dunha comedia romántica que protagoniza esta modalidade breve.
Un pai e unha filla recompoñen a súa relación ao paso dun cometa. Baixo a súa luz lembran o amor da súa vida e, maxicamente, non poden deixar de dicir a verdade.