Unha comedia na que as personaxes non poden rir
Dous pallasos buscan a súa risa nun mundo no que xa non existe
Trombón e Trompeta, dous pallasos de enterros, buscan recuperar a súa risa nun mundo no que desapareceu. No camiño coñecen a Ledicia, unha rapaza que naceu no mundo triste, e que nunca viu un sorriso.
Pallasos tristes é unha comedia na que as personaxes non saben rir. Reflexiona sobre a identidade, a felicidade, e o solidariedade, sen deixar de buscar sorrisos entre o público.