Mes da Natureza de Nigrán

Cando se imaxinan un Nigrán do futuro que vén? Esa é a pregunta coa que o Concello, Teatro do Ar e SomosTerra crean o programa do “Mes da Natureza” que encherá de cultura e sostibilidade os distintos espazos do municipio con 17 actividades gratuítas para pequenos e maiores co obxectivo de mostrar o gran valor natural da comarca, divulgar a importancia do coidado da nosa contorna e crear como sociedade as ideas dun Nigrán máis sostible, máis accesible e máis xusto.

Todas as actividades son gratuitas, unicamente será necesario inscrición paras as visitas teatralizadas e o obradoiro de teatro e natureza do 4 de marzo.

Actividades

Obradoiro de teatro e natureza
O sábado 4 de marzo ás 11.30 horas no Auditorio Municipal hai unhas xornadas de natureza e teatro para os máis pequenos e pequenas. Todos os nenos e nenas de Nigrán poderán asistir e participar en varios talleres de xogos con natureza, pintacaras e improvisación para aprender xogando.

Inscricións no obradoiro

Obradoiros de horta
O xoves 9 de marzo todas as persoas que o desexen poderán iniciarse no traballo na terra cunhas xornadas abertas na horta municipal de Ramallosa ás 17.00 horas.
A horta de Nigrán, no parque Vázquez Grela, tamén acollerá as xornadas de traballo na terra o xoves 23 ás 17.00 horas.

Obradoiros de teatro
A horta municipal de Ramallosa acollerá o martes 14 ás 17.00 horas unhas clases de teatro abertas que utilizarán o espazo como un escenario
A horta de Nigrán, no parque Vázquez Grela, tamén acollerá as mesmas xornadas o martes 28 ás cinco da tarde.

Rutas teatralizadas
Coñecer o espazo natural de Nigrán é outro dos obxectivos do Mes da Natureza. Haberá dúas rutas teatralizadas: unha polos muíños de Camos con saída o domingo 12 ás 11.00 horas no que se poderá ver a actividade agraria histórica da parroquia á beira do río Muíños.

A outra ruta será polo Parque da Memoria e o Castro de Chandebrito no que se lembrarán os incendios, estudárase a xestión forestal e a vida castrexa. Será o domingo 19 ás 11.00 horas.

Inscricións nas rutas teatralizadas

Certame videoliterario “Ollo con Nigrán
O sábado 18 será a entrega de premios do certame “Ollo con Nigrán”, un concurso de vídeo onde se difunde a natureza do concello con 1.000 euros en premios destinados a consumir no comercio local.

Mais información

Xornadas de economía local
O sábado 25 de marzo o Auditorio Municipal acollerá unhas xornadas adicadas á formar e dar voz ao tecido sostible e económico de Nigrán. Comezarán ás 16.00 cun obradoiro aberto ao público no que traballar distintos aspectos para coñecer hábitos de consumo consciente e traballar no comercio local con sostibilidade, ás 17.00 h haberá unha mesa redonda na que empresas como Trisk-Ale ou Ertha Surfboard falarán da súa experiencia emprendendo en Nigrán e ás 18.00 h será a quenda da charla “Restauración de ecosistemas en climas desérticos”, da man do nigranés que está a reforestar o Sáhara, Alexandre Pereira.

Estrea da obra e teatro “Chao”
O domingo 26 ás 19.00 no Auditorio Municipal, Teatro do Ar estreará a súa nova obra “Chao”, unha peza que reflexiona sobre o abandono rural e as memorias que desaparecen cos lumes que se apagan no fogar.

A %d blogueros les gusta esto:
search previous next tag category expand menu location phone mail time cart zoom edit close