Chega a terceira edición do noso certamen #OlloconNigrán, ¡e con máis premios para consumir no noso comercio local e outras novidades!
Este ano hai 1.300 euros en premios. Repartiremos dous galardón por categoría e modalidade ata un total de 12. Ademais, nesta edición tamén haberá un premio do público.
De novo, para participar haberá que facer un vídeo dun máximo de dous minutos gravado en Nigrán e no que se poida a natureza de #Nigrán e debe estar acompañado dun texto en galego.
Este ano tamén abrimos a modalidade de fotografías. As persoas que desexen participar deben enviar unha fotografía xunto a un poema, microrrelato ou un pequeno texto dramático.
Podes participar a través deste enlace: https://forms.gle/ctjKu8es8gRdSov39
Os comercios locais que queiran participar para que as persoas poidan gastar os seus vales nos seus establecementos poden inscribirse aquí:
O prazo remata o vindeiro 8 de marzo e deixamos aquí as bases para máis información:
Bases da Terceira Edición de Ollo con Nigrán